Friday 29 de March de 2024

Pazo dos Serrano. Información e presentación de alegacións


Un dos piares básicos da actuación do BNG é o fomento da participación cidadá, e que a cidadanía faga parte activa no autogoberno.

Nesa liña, e tal e como se comprometeu o BNG de Culleredo, poñemos ao dispor da veciñanza documentos con información sobre o Pazo dos Serrano, que podedes descargar a través desta ligazón.

Achegamos co correo un modelo para a formulación de alegacións ao Plan de reforma interior presentado pola inmobiliaria Aliseda (froito da alianza entre o Banco Santander e o fondo de inversión estadounidense Blackstone) en colaboración do Goberno Municipal.

As alegacións poden ser presentadas diante da Xunta de Galiza por dúas vías:

– Na Sede Electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/portada), para o que é preciso un método de identificación electrónico (chave365, certificado dixital ou DNIe).

– Na páxina da Consellaría de Medioambiente, Territorio e Vivenda, onde tamén se pode consultar a documentación do proxecto presentado (https://cmatv.xunta.gal/programas-con-periodo-de-consulta-aberto?p_p_id=aaeOpen_WAR_aae&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_aaeOpen_WAR_aae__spage=/portlet_action/aae/detalleProxecto?id=2512&_aaeOpen_WAR_aae_id=2512).